O BNG de Celanova reclama melloras no colexio Curros Enríquez

La Voz

CELANOVA

cedida

Os nacionalistas queren que os actos de homenaxe a Ricardo Carvalho Calero se amplíe ao ano próximo

15 jul 2020 . Actualizado a las 17:01 h.

O BNG de Celanova presentou dúas mocións para o seu debate no próximo pleno ordinario nas que reclama, por un lado, investimento no CEIP Curros Enríquez e, por outro, o compromiso da corporación municipal con medidas de apoio á lingua, entre elas, que a homenaxe a Ricardo Carvalho Calero se amplíe ao ano próximo, dadas as circunstancias que impediron celebrarla na pasada primavera . Os nacionalistas piden que o goberno municipal que realice unha achega para a substitución de papeleiras e lámpadas, así como o pintado da porta exterior do patio de Primaria, tal e como demanda a dirección do centro.

Na segunda das mocións, que o BNG está a presentar nos últimos meses en concellos de todo o país, os nacionalistas reclaman unha serie de seis acordos en apoio da lingua galega «diante da cada vez menos disimulada política da Xunta de Galiza para a minorización do galego, algo que se puxo de manifesto de novo durante as comparecencias públicas de Núñez Feixoo durante a crise do covid-19».

Nesta  moción interpelase á corporación municipal para que inste á Xunta a derogar o Decreto 79/2010 para o pluriligüismo no ensino non universitario, e reitera a demanda nacionalista de implementar a Lei Paz Andrade. Ademais, o BNG solicitará no pleno que o goberno municipal inste á Xunta e a Real Academia Galega a ampliar ao ano 2021 a dedicación do Día das Letras” a Carvalho Calero, e pedirá que o Concello de Celanova realice campañas de dinamización lingüística e promoción do uso da lingua.