Piden que baixe o prezo das piscinas de Celanova e se amplíe o horario 

La Voz

CELANOVA

Agostiño Iglesias

O BNG considera que as tarifas son e inaceptábeis, e máis nunha situación como a actual

13 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Celanova reclama ao goberno municipal que reconsidere a decisión de reducir o horario da piscina municipal nun 40% e de manter os mesmos prezos diarios despois de ter eliminado a posibilidade de pagar o servizo a través de abonos para a toda a tempada.

Co novo horario, advirten as nacionalistas, numerosas usuarias quedan fóra do servizo xa que adoitaban acudir polas mañás, entre as 11.00 e as 15.00 horas; a maioría delas, veciñas que traballan en horario comercial e aproveitaban as horas do xantar. A redución dos horarios supón un prexuízo evidente para a maioría da veciñanza que depende da instalación municipal para o lecer en época de verán. O BNG pide que se recupere a apertura continua da piscina desde as 11 ás 21 horas.

A respecto das tarifas, a día de hoxe, o BNG lembra que a decisión de eliminar os abonos e establecer un pago único de 2 euros para maiores de 18 anos e de 1 euro para os menores, a suba é desmesurada. O BNG explica que no caso do abono familiar, que custaba 50 euros a tempada anterior, o esforzo que deberá facer unha familia de dous adultos e dous menores equivale nas condicións actuais a un gasto de 6 euros por día, durante dous meses. No caso dun abono individual, que custaba 30 euros, o esforzo total durante sesenta días será de 120 euros. O BNG considera que as tarifas son e inaceptábeis, e máis nunha situación como a actual, e pide que se rebaixen de inmediato os prezos actuais.