Presentación de «Partituras» na Casa dos Poetas de Celanova

La Voz OURENSE

CELANOVA

MIGUEL VILLAR

Obra a dúas voces dos poetas Xoán Carlos Domínguez Alberte e Mercedes Queixas Zas, con ilustracións de Baldo Ramos

16 nov 2019 . Actualizado a las 17:51 h.

Na Casa dos Poetas de Celanova preséntase este sábado 16 de novembro (19.00 horas) o libro «Partituras», de Xoán Carlos Domínguez Alberte e de Mercedes Queixas Zas. No acto estará tamén o pintor e poeta celanovés Baldo Ramos. 

«Partituras» forma parte da colección Ventoalto, de Laiovento. Conta cas ilustracións, de Baldo Ramos, e a creación do texto, a dúas voces por parte de senllos poetas, algo pouco explorado na literatura galega. Cada poema interpela e dialoga co seu próximo nesta obra.

Haberá venda e sinatura de exemplares ao rematar o acto.