O curso audiovisual de Celanova centrarase no talento, a industria e a internacionalización do sector

La Voz OURENSE / LA VOZ

CELANOVA

cedida

Xacio Baños, Pedro C. Alonso, a serie «Hierro» e os directores de Curtas protagonizarán o Cemac 2019

26 jun 2019 . Actualizado a las 08:31 h.

O Auditorio Ilduara acollerá, do 9 ao 12 de xullo, a décimo sexta edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (Cemac). A matrícula para participar nesta actividade, organizada pola Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo, xa está aberta e a cita estival leva por título neste 2019 Novas fronteiras do audiovisual galego. Talento, industria e internacionalización.

Na primeira das xornadas do Cemac, e logo da presentación de Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez -directores do curso-, analizarase o caso de Trote, a película de Xacio Baños. Logo da proxección da mesma haberá un encontro con Sergio Frade e Xacio Baños. O día 10 será a ficción cinematográfica a que centre a xornada. Pasarase Feedback, de Pedro C. Alonso, e ao longo do día abordaranse aspectos como a rodaxe, montaxe, produción ou dirección de arte, entre outros. A ficción televisiva Hierro será analizada ao longo das sesións do día 11.

O 12 será o «talento en curto» quen protagonice a xornada, cos pases de O que precede á caída é branco (Aldara Pagán), X.I.A.N. (Daniel Pérez Alonso), Zugzwang (Diego Markwalder Gato) e Ningunha parte (Pedro Vilas). Industria e internacionalización será a conferencia que impartirá Domingo Corral, de Movistar+.

Rodaxe no Campus de Ourense

Os alumnos de Comunicación Audiovisual de Pontevedra están a gravar no Campus a webserie

Destapando Casares

, que se pasará no Cemac o día 12 de xullo.