Os traballos foron adxudicados á empresa Hordescón por case 46.000 euros
26 abr 2019 . Actualizado a las 08:18 h.As obras de conservación e mellora nos viais públicos en O Fonsillón (Barbadás) afectarán á rúa dos Emigrantes, á rúa da Campiña, ao Canellón da Aira e ao tramo de acceso a este barrio dende a estrada de Celanova. Os traballos comezaron esta semana e manterán os trazados actuais con pequenas modificacións como o acondicionamento de rasantes e a regularización de anchuras. A obra tiña un custo de 60.000 euros e foi adxudicada por case 46.000 euros á empresa Hordescón. Entre os traballos a realizar destaca a aplicación dunha capa de aglomerado en quente e a rehabilitación de tódalas zoas deterioradas, ademais de repoñer o pintado da sinalización viaria. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, afirmou: «Estas accións son moi importantes xa que contribúen a mellorar a seguridade viaria neste barrio».