Arte e poesía a dobre páxina

La Voz

CELANOVA

Agostiño Iglesias

Baldo Ramos e Pepe Cáccamo amosan o seu proxecto creativo na sala ourensá de Afundación

13 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 14 de outubro • Afundación (Praza Maior, 4) • Luns a venres: de 17.30 a 20.30 horas. Sábados e domingos: de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas • Baldo Ramos quedou enredado na poesía nos tempos do instituto de Celanova. Asentado en Compostela, e adicado á docencia, publicou varios poemarios antes de camiñar cara á plástica da escrita, á que chegou pola paixón pola caligrafía. Autor de libros de autor e dunha obra artística que se enmarca na abstracción, o encontro e afinidade creativa con Pepe Cáccamo derivou en proxectos e propostas conxuntas.

 

«A dobre páxina», a mostra que onte se abriu ao público en Afundación, é un diálogo artístico entre Baldo Ramos e Pepe Cáccamo que artella unha proposta para desenvolver «unha nova modalidade comunicativa no proceso de interacción entre a poesía discursiva e a poesía obxectual». Desta volta o libro é o soporte físico das «intervencións, tensións e conversacións entre os dous artistas, creando deste xeito libros-obxecto de gran valor literario e estético». «Cara inversa» (2014) e «Libros conversos» (2016) son os anteriores proxectos conxuntos.