«Gústame crear e inventar o meu propio mundo»

UXÍA CARRERA / e. f.

CELANOVA

cedida

Xulio Fontes expón na Casa dos Poetas en Celanova catorce acrílicos e doce esculturas da súa obra «Mar e Terra»

19 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Orixinario dunha aldea de Quintela de Leirado, o pintor Xulio Fontes reflexa na súa exposición na Casa dos Poetas de Celanova o que lle inspira o seu lugar de orixe.

-¿Por que a división en dous formatos?

-Os cuadros son representativos dos recunchos da miña aldea, a miña casa, a montaña de Penegache.. As esculturas son pedras nas que eu vexo unha figura determinada e a matizo con pintura para que o espectador tamén a vexa.

-¿Que te inspira a túa lugar de orixe?

-O tema das pedras é algo que desde moi neno me inspirou, esas montañas tan graníticas de Penegache. Aínda que todo forma parte da natureza, a min gústame crear e inventar o meu propio mundo, disfrutar de deformar o punto de partida.

-¿As dúas partes de exposición se complementan?

-Se complementan pero son totalmente diferentes. Nosoporte dos cadros expreso algo que eu invento, no da pedra non o invento, xa está aí, sin manipulala. O que eu fago é a través da pintura resaltar unha figura que a propia pedra xa ten, hai que ter ollos e a capacidade para detectalo, e non solo eso, tamén a de poder pintar na pedra.

-A «Terra» do título é evidente, ¿pero onde está o «Mar»?

- A Terra é porque nacín na Galicia profunda e o Mar é porque a miña vida se desenvolveu en Vigo, tamén estiven en Santander e San Sebastián, sempre foi á beira do mar. Por iso utilizo elementos como cáscaras de mexilóns ou zamburiñas, se non tivera relación con mar non tería idea de utilizar eses elementos.