Os fotógrafos ambulantes enchen de imaxes Raigame

La Voz

CELANOVA

PILI PROL

A romaría celébrase en Vilanova dos Infantes, Celanova

17 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Un 17 de Maio máis, Vilanova dos Infantes (Celanova) volverá ser o punto de encontro dos que queiran volver ao pasado. Tradicións e oficios artesáns encherán as rúas do pobo nunha romaría que desta volta estará dedicada aos fotógrafos ambulantes, como Pacheco, Francisco Zagala, José Gil y Gil, Ramón Godás Ksado, Ruth Matilda Anderson, Xaquín Lourenzo, Chao, Carlos Velo e Rizo, que estarán presentes na exposición Etnografía e fotografía, a mostra central da festa cultural. Unha festa que comezará desde pola mañá e durará ata a noite, con tempo para as proxeccións de cine (desde as 11.15 horas) ou a entrega do premio Adolfo Enríquez ao Museo Etnolóxico de Ribadavia (ás 13.30 horas) na praza Maior, seguida da danza do Cristal. TAmén haberá teatro na praza do Castelo (en horario de mañá e tarde) e música popular coa actuación de varios grupos de música tradicional.

Para os que queiran chegar á festa xa metidos en fariña, haberá buses de época desde Celanova, con saídas cada media hora.