«É difícil xuntar xente no rural nesta época do ano»

M. RODRIGUEZ OURENSE

CELANOVA

PILI PROL

Mugueimes acolle hoxe un concerto de Luar na Lubre, con fins benéficos pois parte da recadación é para Cruz Vermella

01 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

As festas de San Pedro de Mugueimes, no concello de Muíños, terán hoxe (23.00 horas) un evento especial: o concerto de Luar na Lubre, unha actuación á que a comisión festiva lle quixo dar carácter benéfico, por iso catro de cada dez euros que custa a entrada destinaranse á asemblea comarcal de Cruz Vermella de Celanova.

?¿Como xurdiu a idea deste concerto?

?Xa pensáramos traelo o ano pasado, pero dan poucas actuacións en Galicia. É difícil xuntar xente no rural nesta época do ano. Fixémolo por unha causa benéfica, temos máis repercusión e matamos dous paxaros dun tiro. Puxémonos en contacto coa asemblea comarcal de Cruz Vermella de Celanova e démoslle para adiante. Para que poida ser benéfico tamén temos colaboración de moita xente da comarca, das institucións (Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Inorde e Concello) e de empresas.

?¿Contan ter boa entrada?

?Vaise facer na praza de San Rosendo, ao lado do Concello en Mugueimes. Ten un aforo de dúas mil persoas e contamos que haxa a metade. É difícil que se desprace xente e o despoboamento aquí é brutal e horripilante, e iso inflúe en citas como esta.

?¿Resulta difícil organizar as festas para a comisión?

?Dá moitos problemas. Nos levamos nove anos organizando e eu vouno deixar porque non teño máis tempo.

?¿Que máis teñen no programa?

?Actuará o grupo de gaitas Os deiquí, con xente veterana, a charanga Os Bandidos, de Bande, a orquestra Fin de Siglo, na que tamén tocan rapaces da Baixa Limia e a orquestra Top Show.