«A explicación desta materia habería que facela moito mellor»

La Voz

CELANOVA

Unha charla do delegado científico de España no Consello da CERN abriu camiño onte

24 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O delegado científico de España no Consello da CERN, Carlos Pajares, abriu onte camiño en Celanova cunha charla sobre Física básica de partículas.

-¡Menudo tema para profanos!

-Eu comezo con dúas preguntas: de que están feitas as cousas e que é o que mantén unida a materia. A resposta dame ocasión para falar de que é un acelerador, de como se detectan as partículas... Falo para que o entenda toda a xente e explico para que serve todo iso. Na busca do bosón de Higgs, por exemplo, inventouse a web e moita tecnoloxía sanitaria.

-¿Como está a Física nos institutos?

-Cecais a explicación desta materia, a Física, habería que facela, e non é culpa dos profesores, moito mellor. Dase Física e Química dándolle moito máis peso á Química. Hai toda unha serie de problemas de programación e deseño. Eu rematei en 1962 e pasaba o mesmo; estudei Físicas porque dicía sempre isto non pode ser tan feo. Iso levoume a atopar libros nos que vin que era bonito. Tento que os rapaces vexan que a Física é bonita e útil.

-¿E polo que respecta á Universidade?

-En xeral, os nosos físicos son apreciados en moi diferentes sitios, saben atacar problemas moi diferentes. Temos xente moi apreciada en centros de investigación e tamén no ámbito industrial. O verdadeiro problema foi que durante a crise atacouse duramente o I+D.