A Penzol recibe dous poemas autografados de Xosé Velo Mosquera

CELANOVA

Hixinio Araújo Feijóo foi quen fixo entrega dos documentos de que organizara as Mocedades Galeguistas en Celanova durante a II República

29 oct 2014 . Actualizado a las 16:45 h.

A Fundación Penzol recibiu de Hixinio Araúxo Feijóo a doazón de dous poemas autógrafos de Xosé Velo Mosquera. Trátase de a «Canzón da Carceleiriña» (dedicado a Maruxiña, María Rosa Feijóo) e «Confirmación de fe» (dedicado a Roberto Feijóo). Xosé Velo Mosquera é moi coñecido polo seu pasado galeguista como organizador das Mocedades Galeguistas en Celanova durante a II República e, xa na época franquista, polo secuestro do trasatlántico portugués Santa María (Santa Liberdade) xunto con Henrique Galvao.

Xosé Velo estivo agochado na casa da nai de Hixinio Araúxo Feijóo nos anos 45/46 do século pasado, perseguido pola policía franquista. María Rosa Feijóo, Maruxiña (A Carceleiriña), quen o acolleu na súa casa era filla de Roberto Feijóo, a quen Xosé Velo dedica un dos poemas, alcalde Celanova asasinado polos fascistas no 1936. Á familia non se lle permitiu enterralo no camposanto de San Amaro de Celanova, e tivo que facelo nunha tumba extramuros.