Un libro recolle relatos de 45 autores vivos da Terra de Celanova e da Baixa Limia

JESÚS MANUEL GARCÍA OURENSE / LA VOZ

CELANOVA

O proxecto consta de pequeños textos que firman desde Méndez Ferrín ata Enrique Bande ou Xosé Benito Reza, entre outros

29 ago 2012 . Actualizado a las 21:21 h.

En Celanova sae o libro Vieiros de Palabra, Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, que contén relatos de 45 autores que ou ben son da Terra de Celanova ou da Baixa Limia, ou sen nacer aló teñen vínculos familiares con estas terras. O coordinador deste proxecto é Xoán Carlos Domínguez Alberte. Este libro serve para festexar os 25 anos da librería Conde, da vila de San Rosendo, que coinciden cos 33 anos do pasamento de Curros Enríquez.

Segundo Alberte, este libro tenta «abrir unha xanela inédita no panorama das letras galegas» que non é outra que xuntar a creadores de ámbalas dúas bisbarras, vivos.

Entre os autores que escriben neste libro están Xosé Luis Méndez Ferrín, Bieito Alonso Fernández, Xosé María Paz Gago, Davide Pérez, Xulio Rodríguez ou Xosé Benito Reza, entre outros. A todos se lles pediu un texto corto, sobre o que quixeran. A resposta foi unánime e, como di o coordinador, «o resultado final é a satisfacción de ter na man un valioso mosaico de temas, propostas, xéneros, estéticas, intencións». As fotografías en branco e negro son obra de Toni Álvarez, celanovés e nesa vila imprimiuse o libro que xa circula entre os veciños como unha homenaxe á palabra, que une as dúas terras e ás súas xentes.