Castro Caldelas convoca un concurso de relatos para festexar o Día das Letras

LA Voz O BARCO

CASTRO CALDELAS

LOLITA VÁZQUEZ

O certame está dirixido a rapaces de entre 7 e 16 anos

12 may 2020 . Actualizado a las 15:16 h.

O Concello de Castro Caldelas vén de convocar un concurso de relatos para conmemorar o Día das Letras. Poden participar os rapaces de entre 7 e 16 anos, presentando un relato dunha extensión máxima dun folio polas dúas caras. Hai dúas categorías, unha para menores de 13 e outra para os maiores. O ganador de cada unha recibirá un lote de libros. Os traballos poden entregarse ata o día 15 ás doce do mediodía. Os participantes poden deixalos no consistorio ou no correo electrónico: concurso.concellocastrocaldelas@gmail.com.

Ademais, editarase un vídeo con palabras galegas, preferiblemente vocablos propios da cultura, historia, tradición, faenas agrícolas e gastronomía de Castro Caldelas. Para a montaxe do vídeo as gravacións deben mandarse por wasap aos números 616 827 258 e 629 466 615.