Das bandas tradicionais e de gaitas á musica disco

miguel villar

CASTRO CALDELAS

07 sep 2016 . Actualizado a las 04:00 h.

As festas de Os Remedios en Castro Caldelas son sinónimo, ademais de tradición e devoción, de música. O programa que os veciños e os visitantes poden desfrutar nestes días -de feito xa empezaron o 30 de agosto co folión pequeno- presenta unha oferta moi variada coa que se pretende que, sexa cal sexa o estilo preferido, sempre se atope na oferta preparada para estes días. Hoxe, por exemplo o percorrido polas rúas repártese entre a Banda de Música de Ramirás -que tamén dará un concerto no xardín do santuario as 19.30 horas- o grupo Airiños de Caldelas e Os Trabazos. Tanto ó baile da tarde como o da noite estará amenizado pola orquestra La Ocaband. Hoxe será tamén o día da ofrenda á Virxe pola maña e, xa de madrugada, sobre as dúas máis ou menos, votaranse os fogos de artificio.

No día grande o pasarrúas terá como protagonistas a Airiños de Caldelas e á Banda de Música de Vilanova. Esta última agrupación tamén dará concerto as 19,30 no mesmo xardín do santuario. A festa e a verbena será cousa da orquestra Cinema. Por suposto nesta xornada principal non faltará a misa grande e a procesión encabezada polo Irrio Peliqueiro, sobre as 12.30 horas. O singular persoeiro volverá a saír o día 9 co mesmo fin. O espertar dese venres terá como protagonista a Os Trabazos, e nos oficios relixiosos acompañará o coro Lembranza. O grupo Fin de Siglo será o encargado dos bailes que, ademais nesta xornada terán un toque orixinal xa que se convida á xente a acudir disfrazada. Para os que aínda teñan gañas de troula, o sábado funcionará una discoteca móbil en sesión de tarde e noite.

A Virxe sairá os días 8 e 9 en procesión. FOTO