Castro Caldelas recupera a memoria dos afiadores con «Furga garabela»

X.M.R. OURENSE

CASTRO CALDELAS

SANTI M. AMIL

O castelo acolleu a presentación dun libro de Rivadulla e a representación teatral sobre este texto

30 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

O castelo de Castro Caldelas serviu onte de esceario monumental nunha xornada protagonizada polos actos de recuperación da memoria histórica dun dos colectivos máis identificativos da provincia: os afiadores. A xornada comezou coa presentación do libro Furga garabela, de X. Henrique Rivadulla Corcón, e da montaxe teatral da obra do mesmo título -protagonizada polo actor Pepe Penabade-. Penabade lembrou como surxiu este proxecto en homenaxe ós afiadores e o apoio co que contou en todo momento por parte de Rivadulla. O libro foi editado por Sotelo Blanco, participando na presentación o propio editor. Por parte de Olegario Sotelo Blanco, Eladio Osorio -alcalde de Caldelas-, o escultor Florencio de Arboiro e Sara Inés Vega, edil de Cultura, salientouse o compromiso de Pepe Penabade e Rivadulla co mundo dos afiadores, tendo en conta que non son persoas vencelladas coa comarca nin coa provincia. Pola noite levouse a cabo a representación no castelo.