As Torres, Cesures e A Illa brillan no Galego de K2 e C2

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

CASTRELO DE MIÑO

MIGUEL VILLAR

Fernando Busto e Diego Miguéns (As Torres-Romaría Vikinga, C2 Sénior), Tania Álvarez e Natalia García (Breogán do Grove, K2 Sénior) e os canoístas xuvenís cesureños Carlos Picón e Borja Castiñeiras Ana da Fonseca e Natalia Varela, campións autonómicos

13 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis de 400 padexeiros de 40 clubs galegos concentráronse o pasado sábado no encoro de Castrelo de Miño no Campionato Galego de Inverno de Embarcacións K2 e C2, con protagonismo arousán nas clasificación por equipos. Co As Torres-Romaría Vikinga facéndose co subcampionato xeral feminino tan só por detrás do Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra e co Náutico Pontecesures gañando a clasificación xuvenil masculina e rematando terceiro na feminina, por detrás do campión Cabanas KDM e do subcampión Piragüismo A Illa de Arousa.

Os catoirenses das Torres-Romaría Vikinga Fernando Busto e Diego Miguéns gañaron o título do C2 Sénior, como as grovenses do Breogán Tania Álvarez e Natalia García o do K2 Sénior. Ademais, na canoa xuvenil, Carlos Picón e Borja Castiñeiras, en homes, e Ana da Fonseca e Natalia Varela, en mulleres, compañeiros no Náutico Pontecesures, fixéronse cos ouros.