A conselleira de Medio Ambiente reúnese ca candidatura popular de Castrelo de Miño

La Voz OURENSE

CASTRELO DE MIÑO

CEDIDA

O cabeza de lista do PP, Avelino Pazos, trasladou a Ángeles Vázquez as principais necesidades do concello

13 may 2019 . Actualizado a las 18:13 h.

Avelino Pazos, candidato dos Populares á alcaldía de Castrelo de Miño nas vindeiras eleccións municipais, recibiu a pasada fin de semana a visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, a quen lle expuxo de primeira man as necesidades e carencias do concello no que atinxe ás súas competencias.

A conselleira comprometeuse a acometer varios proxectos que se contemplan no programa de goberno dos populares de Castrelo de Miño entre eles, a creación dunha senda peonil intercomarcal entre os concellos de Punxín, Cenlle, Ribadavia, Castrelo e Toén a carón do río Miño, potenciando así o sector turístico.

Ángeles Vázquez, tamén se comprometeu co candidato dos Populares ao desbroce, limpeza e mantemento permanente do entorno dos Parques Biosaúdables, das fontes e lavadoiros públicos, dos camiños de acceso a viñas e a leiras e sendeiros de uso público. Así mesmo, dende a consellería acometerase o abastecemento de auga nos núcleos de poboación onde sexa deficiente e intervirase na actualización dos mecanismos que sanean as augas fecais, contemplando a construción de novas plantas de depuración que mellore a calidade das augas vertidas ao río Miño no emprazamento do Parque Náutico de Galicia.