César Lumbrera, Víctor de la Serna e Sonia Prince recibirán os premios da Gala do Ribeiro

Os galardóns entregraranse nun acto que se desenvolverá o 26 de xuño no mosteiro de San Clodio


ourense / la voz

A Denominación de Orixe Ribeiro celebrará o vindeiro día 26 de xuño a sétima edición da súa gala de premios. Segundo se anunciou onte por parte do Consello Regulador da D. O. Ribeiro na convocatoria deste 2018 recoñecerase expresamente o traballo desenvolvido ao longo dos anos polos xornalistas César Lumbrera e e Víctor de la Serna Arenillas e por Sonia Prince de Galimberti, presidenta da Asociación de Mulleres Amantes de la Cultura del Vino (Amavi).

Na Gala dos Premios D. O. Ribeiro, César Lumbrera recollerá o galardón Persoeiro de honra «pola súa longa andaina de compromiso co mundo agrario e de difusión das excelencias dos seus produtos». Ao dar a coñecer os premiados no acto que se celebrará o día 26, dende o Consello Regulador do Ribeiro lembrouse que «César Lumbreras dirixe e presenta dende 1984 o programa Agropopular de COPE, espazo semanal senlleiro de información agraria. Mercados agrícolas, a incidencia da Política Agraria Común no sector, os problemas do campo, consellos útiles… son algúns dos seus contidos habituais. Ademais, Lumbreras colaborou con distintos medios como El País, ABC ou, actualmente, La Razón». O premio Mellor tarefa de comunicación será para Víctor de la Serna Arencillas, integrante «dunha saga de xornalistas, ten unha extensísima traxectoria xornalística e actualmente é columnista en El Mundo». Tamén foi impulsor e é director adxunto de Elmundovino.

Sonia Prince de Galimberti recollerá o Muller e viño, premio concedido en recoñecemento ao seu traballo de aproximación a cultura vinícola ás mulleres, ademais de ser cofundadora do club Vinoselección. Na cita a celebrar en San Clodio tamén se premiará aos viños, tendas especializadas e persoeiros da comarca, entre outras distincións.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

César Lumbrera, Víctor de la Serna e Sonia Prince recibirán os premios da Gala do Ribeiro