A Ruta dos Viños incorpora visitas teatralizadas no Ribeiro e unha andaina en Valdeorras

La Voz OURENSE / LA VOZ

CASTRELO DE MIÑO

Santi M. Amil

 As xornadas serán a finais de maio e primeiros de xuño

21 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

As xornadas de portas abertas nas Rutas dos Viños de Galicia xa están presentando as súas propostas e as ofertas para unha nova convocatoria. No caso da que se desenvolverá pola denominación de orixe Ribeiro, as actividades desenvolveranse entre os días 25 e 27 de maio, a oferta incluirá visitas ás adegas, ofertas para as persoas que se queiran aloxar, menús especiais, viñobus, tapeo «e moitos máis». Unha das novidades que se inclúen na convocatoria deste ano -é a séptima edición das xornadas- están as visitas teatralizadas. As persoas que participen na experiencia poderán participar nas «visitas teatralizadas de lugares tan relevantes como o mosteiro de San Clodio (Leiro), o pazo de Antón Losada Diéguez -membro fundamental da Xeración Nós-ou a igrexa de Santa María de Castrelo de Miño, onde destacan as pinturas murais do interior, que datan do século XVI».

Dos días 3 a 5 de xuño serán as xornadas en Valdeorras, onde ademais das visitas por adegas haberá unha festa con música no Malecón do Barco (o sábado ao solpor) e unha andaina pola Lastra (o domingo).