Sergio Pazos métese a afiador

O actor percorrerá a rede de auditorios da provincia cun monólogo creado para Ourense


Tiña Sergio Pazos unha asignatura pendente con Ourense, a provincia onde menos traballaba de todas as de Galicia -segundo lembrou onte-. Desexaba contar cun espectáculo con sinal de identidade ourensán e comentouno no seu día co asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar. O resultado da colaboración entre o actor e o organismo provincial é o espectáculo «Afiando con humor», que foi presentado onte no Simeón por José Manuel Baltar e Sergio Pazos.

O actor concebiu este novo espectáculo como o peche a unha triloxía de monólogos. «No seu día, era o ano 2008, decidín experimentar neste tipo de propostas. Daquela naceu o espectáculo ‘Se galego, my friend’ e logo veu a segunda parte: ‘Rebento se non o conto’. ‘Afiando o humor’ pechará este ciclo e será unha proposta na que o protagonismo recaerá nun afiador, que foron realmente os primeiros monologuistas».

A montaxe contará con dúas partes: na primeira será na que Sergio Pazos será o afiador monologuista que conta historias, repasa os asuntos de actualidade con sorna e estará adicada «ao mundo de Ourense». Segundo o actor os afiadores eran os mellores contadores de historias e os que daban conta delas e traían as novidades aos pobos logo de percorrer o mundo. A segunda parte do espectáculo, que dura en total noventa minutos, estará centrada nunha selección dos mellores momentos das montaxes anteriores. Nas actuacións estará acompañado por unha pequena roda de afiar cedida por Florencio de Arboiro.

Castrelo de Miño

José Manuel Baltar sinalou que «Afiando con humor» percorrerá o circuíto de auditorios da provincia e que a estrea será o vindeiro día 25 en Castrelo de Miño.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Sergio Pazos métese a afiador