A parroquia de Sande recupera a súa tradición dos píos

La Voz OURENSE

CARTELLE

Cedida

A asociación Entroido As Bonitas organizou unha xornada para levar a cabo esta costume rural

07 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Os píos son unha construción agrícola que tradicionalmente se realizaba, unha vez recollido o millo, coa palla que quedaba nas leiras. Esta palla colocábase de pé ata facer unha especie de cabanote que quedaba no terreo e, en fin de ano, os mozos intentaban queimar os píos dos seus veciños. Os membros da asociación Entroido As Bonitas de Sande quixeron recuperar este ano a tradición e organizaron unha xornada na que decenas de veciños elaboraron os seus píos. Desta forma deron a coñecer á cativada esta costume da parroquia de Cartelle. 

Os participantes nesta iniciativa, na que se involucraron maiores e pequenos, conseguiron facer cinco construcións naturais. Remataron cunha chocolatada no Prado, outro dos pobos da parroquia. O seguinte paso será queimalo en fin de ano.