Investimentos para un parque infantil en Outomuro e para o campo de fútbol en Arnoia

La Voz OURENSE

CARTELLE

Xunta

En Arnoia mellorarase accesibilidade do campo e en Cartelle, o espazo de xogo será novo

16 feb 2019 . Actualizado a las 11:03 h.

A Consellería de Medio Rural licitará, por 125.000 euros, as obras para mellorar a accesibilidade ao campo de fútbol da Arnoia e para un novo parque infantil en Outomuro (Cartelle). En Arnoia, o investimento é de 70.000 euros e en Cartelle, de 50.000. Por outra banda, a Consellería de Medio Rural colaborará coa comunidade de montes de Nogueiró (Cartelle) para dedicar terreos comunais a pastos en extensivo e cultivos forestais.