Jaime Sousa toma posesión como alcalde de Cartelle «poñendo o foco na terceira idade»

La Voz OURENSE / LA VOZ

CARTELLE

cedida

O novo rexidor quere dar continuídade ao traballo que desenvolveu Carmen Leyte

04 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O novo alcalde do Concello de Cartelle tomou onte posesión do cargo que ata a semana pasada, e desde 1991, ostentaba a popular Carmen Leyte. O rexidor, Jaime Sousa, afirmou que o goberno local seguirá a ser un equipo como sucedeu todos estes anos, nos que el foi tenente alcalde. «A cara visible antes era Carmen e agora son eu, pero detrás de nós hai un equipo impresionante cun traballo moi ben distribuído», comentou Sousa, facendo referencia o seu posto ó frente do municipio. A súa intención e seguir «moi cercanos» aos veciños e prestando o mellor servizo posible á poboación de Cartelle, poñendo o foco na terceira idade. «É necesario estar preto deles porque a sociedade, por circunstancias, non pode en ocasións prestarlle todo o tempo que necesitan», engadiu.

«É un cambio natural no que seguiremos co proxecto que comezamos nos noventa, co que o concello conseguiu mellorar notablemente as súas infraestruturas e a calidade de vida», destacou Sousa.