![A volta de Cholo e Nela.O concerto pechou o programa.](https://img.lavdg.com/sc/Dq1kVj5yq9FgJFwjbVCmXeDFD70=/480x/2024/05/30/00121717087803557554958/Foto/O_20240530_162928000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Cholo e Nela tamén subiron ao escenario.](https://img.lavdg.com/sc/dL3eOPpR12ElERW4rNQnXnJJ6-I=/480x/2024/05/30/00121717087621809828880/Foto/O_20240530_163912000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Un dos obradoiros.](https://img.lavdg.com/sc/MZqxj3TamgNYIybtW_4qPZGR-bQ=/480x/2024/05/30/00121717088161937408580/Foto/O_20240530_124315000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Un dos obradoiros.](https://img.lavdg.com/sc/uXYuM-8R0apcimOWsfgYtd55TMY=/480x/2024/05/30/00121717088161379376555/Foto/O_20240530_124357000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Centos de nenos participaron na convivencia.](https://img.lavdg.com/sc/MD0b7SgjLdytjjqis5NXbIC8l7o=/480x/2024/05/30/00121717088102436550605/Foto/O_20240530_114558000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Cholo e Nela no escenario.](https://img.lavdg.com/sc/TPoNXzadZecKr3sqVJV7OpyDhOg=/480x/2024/05/30/00121717088101916698450/Foto/O_20240530_114422000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Centos de rapaces participaron na convivencia.](https://img.lavdg.com/sc/kD8Rf-GvdFq3vzG5Za4YEAfKhlw=/480x/2024/05/30/00121717088101607836499/Foto/O_20240530_114357000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.O concerto pechou a xornada.](https://img.lavdg.com/sc/U8ButstoL4q3SvXgwYS1gbTGn6E=/480x/2024/05/30/00121717088043292333390/Foto/O_20240530_162907000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.E tamén houbo tempo para as fotos.](https://img.lavdg.com/sc/WilPC_5zb2PqXsljnvlyL20olUc=/480x/2024/05/30/00121717088043034164461/Foto/O_20240530_132027000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Houbo xogos e inchables.](https://img.lavdg.com/sc/IckRQWtNMkmBP23QSJmGhLrhezM=/480x/2024/05/30/00121717088042783456774/Foto/O_20240530_124455000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Un dos obradoiros da xornada.](https://img.lavdg.com/sc/vDgqm7aJx6z4cO7myrR0zu-NA84=/480x/2024/05/30/00121717088042489657568/Foto/O_20240530_124422000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Tamén houbo xogos tradicionais.](https://img.lavdg.com/sc/3H2vnGNE6P_tvXacaHkCqnaaGi0=/480x/2024/05/30/00121717087981885911334/Foto/O_20240530_124412000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Un dos obradoiros da xuntanza.](https://img.lavdg.com/sc/Fu9W-fzuqLkJbSeGWw5Yy7UnZzQ=/480x/2024/05/30/00121717087981607156955/Foto/O_20240530_124339000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Os rapaces fixeron moitas actividades.](https://img.lavdg.com/sc/WGEhr5zN2biqYnJ1FqN1EWDYZUI=/480x/2024/05/30/00121717087981336569292/Foto/O_20240530_124332000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Os rapaces fixeron moitas actividades.](https://img.lavdg.com/sc/fqyWOeQxfbwZ7jlQe2qo6v24uHI=/480x/2024/05/30/00121717087922559484521/Foto/O_20240530_124320000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Un descanso no Camiño.](https://img.lavdg.com/sc/O6-zq5i57EW_j271fo2qyzmTfT8=/480x/2024/05/30/00121717087922291347276/Foto/O_20240530_124253000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Un dos obradoiros da xornada.](https://img.lavdg.com/sc/IEm1xWKXRmwOXRSyKp17RCPyalg=/480x/2024/05/30/00121717087865141306669/Foto/O_20240530_123106000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Un dos obradoiros da xornada.](https://img.lavdg.com/sc/dvy6SH2am4JqNpcZAiWrCTZTbq0=/480x/2024/05/30/00121717087864888315895/Foto/O_20240530_123049000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Nela subindo ao escenario.](https://img.lavdg.com/sc/hqhzi9bkpIdSaUfabHpVgmStc84=/480x/2024/05/30/00121717087864648928917/Foto/O_20240530_163902000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Cholo e Nela tamén acudiron ao concerto.](https://img.lavdg.com/sc/Y535cD2Ym1-iqsLGVVDRghRpme8=/480x/2024/05/30/00121717087864323160594/Foto/O_20240530_163855000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Cada colexio leva as camisetas de diferente cor.](https://img.lavdg.com/sc/RjFsdyxSxcEnZdKdW-0D-d5CjyA=/480x/2024/05/30/00121717087804079912738/Foto/O_20240530_162941000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Cada colexio leva as camisetas de diferente cor.](https://img.lavdg.com/sc/09LQHsWLneGU7ihWr7tcRfqetGQ=/480x/2024/05/30/00121717087803806869666/Foto/O_20240530_162936000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.A xuntanza rematou cun concerto.](https://img.lavdg.com/sc/cpxERycICFUXQaEvTZeUb_hQmd4=/480x/2024/05/30/00121717087803269571472/Foto/O_20240530_162921000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.A xuntanza rematou cun concerto.](https://img.lavdg.com/sc/ogQVHPstDts4V43gUQ5nPHuJ3oc=/480x/2024/05/30/00121717087802995991261/Foto/O_20240530_160644000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Tamén houbo xogos tradicionais.](https://img.lavdg.com/sc/PQ0PFvahmGtEwZ24CgEEK6K1PKI=/480x/2024/05/30/00121717087742838988800/Foto/O_20240530_140238000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.¡Non faltaron os gaiteiros!](https://img.lavdg.com/sc/vZ_DNTr3UbSXWdhVLLS0XOdfnow=/480x/2024/05/30/00121717087741948516394/Foto/O_20240530_135204000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Unha parada no Camiño.](https://img.lavdg.com/sc/omHzCYz1RVf5K5MLLiFMGjoFZUk=/480x/2024/05/30/00121717087682530960802/Foto/O_20240530_135151000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Os nenos de primaria tamén gozaron con Cholo e Nela.](https://img.lavdg.com/sc/q04S_nMe0bQPP63qMmd9JeMZBr0=/480x/2024/05/30/00121717087682250763696/Foto/O_20240530_124503000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Os de primeiro ciclo de primaria tamén acudiron este ano.](https://img.lavdg.com/sc/1fUxaq8QP8aN8yuWzJKP9JE6_Lw=/480x/2024/05/30/00121717087622052804270/Foto/O_20240530_124453000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.A xuntanza rematou cun concerto.](https://img.lavdg.com/sc/jafvCiCJ8eg0Psn9ak-x0QhH4a4=/480x/2024/05/30/00121717087562436998701/Foto/O_20240530_163120000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Todos atentos na exhibición da Garda Civil.](https://img.lavdg.com/sc/8FJcroDm8HSlJe6DdIHEMLmnrZE=/480x/2024/05/30/00121717087562149876539/Foto/O_20240530_184003000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Os rapaces desfrutaron de numerosas actividades.](https://img.lavdg.com/sc/NwCDFTSoJzPc4PT0gCDDLh-q8Hs=/480x/2024/05/30/00121717087561895590877/Foto/O_20240530_184008000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Centos de rapaces, mestres e pais participaron na convivencia no Barco.](https://img.lavdg.com/sc/S48MpEbMpcbZd03uGLGFSMqaFGg=/480x/2024/05/30/00121717087501645192664/Foto/O_20240530_184017000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Centos de rapaces, mestres e pais participaron na convivencia no Barco.](https://img.lavdg.com/sc/5ZcpP2eTgGBgr6J9AHs3crIxFPc=/480x/2024/05/30/00121717087501376503404/Foto/O_20240530_184022000.jpg)
![A volta de Cholo e Nela.Centos de rapaces, mestres e pais participaron na convivencia no Barco.](https://img.lavdg.com/sc/e9XeRkJ93tLS8C_kvvKGjBMcTZc=/480x/2024/05/30/00121717087442002365750/Foto/O_20240530_184028000.jpg)
A convivencia de infantil reuniu a preto dun milleiro de persoas no Barco de Valdeorras
30 may 2024 . Actualizado a las 19:27 h.Hai 25 anos, un grupo de mestres xuntáronse para promover una convivencia de infantil, pero unha grande, que reunise aos rapaces das comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e de Viana. E crearon un par de mascotas, a pinguíña de auga Nela e o globo aerostático Cholo. Xurdiu unha cita que cada final de curso se convertía en toda unha festa reunindo a centos de rapaces e implicando tamén a mestres e pais. Unha celebración que co paso de tempo non perdeu pulo, e iso que non sempre se fixo. No 2012 houbo un parón en protesta polos recortes en educación e no 2020 chegou a pandemia e rachou con todo. Superado aquel momento, xurdiu de novo o bule bule de volver. «O certo é que Cholo e Nela caeron moi ben e a xente demandaba que volvera», conta Nacho Hermida, docente no CEIP Julio Gurriarán do Barco —centro anfitrión este ano— e un dos membros da asociación pro-convivencia de educación infantil. Hoxe, por fin, chegou o día.
Foi unha edición especial por varios motivos: cúmprense 25 anos do nacemento da asociación que argalla todo isto —«que somos entre seis e nove persoas que mobilizamos ao resto de titores», di Hermida—, porque era a volta despois de varios cursos e porque desta vez estiveron invitados tamén os rapaces de primeiro e segundo de primaria. O motivo estaba en que eles nunca viviron a convivencia. Contar con eles supuxo organizar unha edición multitudinaria, con case mil persoas. Por iso aínda que había máis coles interesados en sumarse, a organización decidiu que este ano só estarían os que participaron na última edición: os tres coles públicos do Barco de Valdeorras, os dous da Rúa, os dous de Carballeda de Valdeorras, o de Rubiá, o do Bolo, o de Vilariño de Conso, o da Pobra de Trives e o de Manzaneda.
Cholo e Nela xirou arredor dos camiños, «dos de ida e volta, do das estrelas, do de Inverno que pasa por Valdeorras», resume Hermida. Sempre coa idea subxacente de poñer en valor o galego, mais sen restarlle importancia a ningún outro idioma.