Crean unha asociación en Calvos coa que meditan dar o salto á política

Fontes do PP falan de que o partido trata de fichar a Aquilino Valencia


xinzo / la voz

Varios veciños impulsaron unha nova asociación en Calvos de Randín. Baixo o nome de Colectivo da Raia, din que queren dinamizar turísticamente a localidade; e ao tempo non desbotan dar o salto á política. «Aínda non está decidido pero facer unha candidatura veciñal unha das cousas que se propuxeron nas primeiras conversas», asegurou un dos impulsores da agrupación, Xosé Daniel Martínez. E engadiu: «En datas vindeiras reunirémonos de novo e valoraremos as posibilidades de ir ás eleccións. A cousa está moi avanzada xa que en vista da apatía que existe no grupo de goberno e na oposición municipal hai moitas posibilidades que formemos unha candidatura».

Defenden a necesidade de traballar desde o goberno para axudar a xerar riqueza e fixar poboación. Ademais, propoñen que se faga unha festa gastronómica para atraer turistas.

O alcalde, ¿fichaxe do PP?

Aquilino Valencia goberna en maioría desde 2015. Presentou polo PSOE, aínda que agora fones do PP da Limia non descartan a súa posible fichaxe. Aseguran que responsables do Partido Popular na provincia xa lle fixeron a proposta a Valencia en varias ocasións.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Crean unha asociación en Calvos coa que meditan dar o salto á política