O PP pide ao Goberno central que aprobe o PERTE cultural en Galicia

La Voz OURENSE

BOBORÁS

CEDIDA

Os populares reivindicaron en Boborás a «cultura de antes, de hoxe e do futuro» como unha prioridade

25 sep 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O PPdeG aproveitou un acto en Boborás organizado polas Novas Xeracións para reivindicar a «cultura de antes, de hoxe e do futuro» como unha prioridade. A secretarial do PPdeG, Paula Prado pediu ao goberno central que abandone o seu «despezo absoluto» a Galicia e aprobe o PERTE cultural. Destacaou, ademais, o papel clave da mocidade para seguir avanzando no apoio a todos os sectores.

No acto en Boborás también participou José Manuel Baltar, presidente provincial do PP. Destacou que a cultura sempre será unha parte fundamental do «proxecto común, colectivo e forte» do PP, pois entende que é o máis importante e o que diferenza a un territorio.