O conselleiro de Medio Rural animou a implicarse na loita contra o lume en Boborás 

Na xuntanza participaron veciños de Albarellos e Xurenzas, as parroquias máis afectadas polos incendios


O conselleiro de Medio Rural, José González, visitou o Concello de Boborás para participar nunha xuntanza con veciños do municipio para animalos a implicarse na defensa das súas aldeas fronte aos lumes. No encontro, celebrado no salón de plenos de Boborás, participaron veciños das parroquias de Albarellos e Xurenzás, as dúas zonas do municipio que figuran como priorizadas para a xestión de biomasa pola actividade incendiaria que veñen rexistrando nos últimos anos. Lembrou o conselleiro que o adecuado mantemento dos terreos próximos ás vivendas é responsabilidade dos seus titulares e que corresponde aos concellos a vixilancia desta obriga e de proceder ao seu cumprimento de xeito subsidiario e apelou José González aos propietarios de parcelas situadas nas faixas secundarias destas parroquias a asinar os contratos de xestión da biomasa por un prezo de 35 euros cada mil metros cadrados. 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O conselleiro de Medio Rural animou a implicarse na loita contra o lume en Boborás