Organizan en Boborás unha conferencia sobre a importancia das oliveiras

La Voz OURENSE

BOBORÁS

Cedida

A partir das 20.00 horas no salón de plenos

25 abr 2019 . Actualizado a las 08:22 h.

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia organiza esta tarde unha charla sobre o oliveiral galego no Concello de Boborás. Será a partir das 20.00 horas no salón de plenos. Nela abordaranse aspectos xerais sobre os coidados da oliveira, como son a súa plantación no rural, o aproveitamento da terra e a actividade económica que xera. O obxectivo é o de formar a produtores e a persoas interesadas no seu cultivo.