Boborás acolle unha xornada sobre o oliveiral galego

La Voz OURENSE

BOBORÁS

MONICA IRAGO

A iniciativa está organizada pola Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia

23 abr 2019 . Actualizado a las 21:38 h.

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG) organiza o vindeiro xoves unha nova charla sobre o oliveiral galego. Nesta ocasión será na Casa do Concello de Boborás a partir das 20.00 horas. Esta actividade, que abordará aspectos xerais sobre os coidados da oliveira no noso entorno, enmárcase dentro das que ao longo do ano vén facendo a Asociación APAAG. O obxectivo é formar a produtores e persoas interesadas no cultivo da oliveira e, sobre todo, concienciar da importancia que este sector está a tomar en Galicia. En concreto, os temas a tratar son: a plantación de oliveiras no rural, o aproveitamento da terra e a actividade económica que xera este sector. O encargalo de impartila será José Antonio García, presidente da APAAG, e tamén contara coa presenza dun técnico en seguros para salientar a importancia de asegurar as plantacións.