A Xunta mellorará a seguridade viaria nunha rúa de Beariz

La Voz

BEARIZ

cedida

O vial é a alternativa para desviar o tráfico durante as festas patronais

16 abr 2019 . Actualizado a las 20:34 h.

O alcalde de Beariz, Manuel Prado López, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinaron un convenio de colaboración polo cal a Xunta asumirá o proxecto de rehabilitación e mellora da seguridade viaria na rúa Benito Táboas. O acordo foi asinado en Santiago de Compostela e o investimento nesta actuación de mellora será de 55.000 euros. Segundo se sinalou dende Infraestruturas e Mobilidade «o obxectivo desta colaboración do departamento da Xunta coa administración local é executar os traballos necesarios na mellora da accesibilidade e seguridade viaria desta rúa integrada no núcleo urbano do Concello e que transcorre paralela á estrada autonómica OU-212, A Ermida ? Beariz. Esta rúa constitúe a única vía alternativa posible para desviar o tráfico que transita pola estrada de titularidade autonómica, algo que sucede cando é necesario realizar nela traballos de conservación e, sobre todo e dende hai décadas, durante as festas patronais».

que se celebran no mes de agosto, e que ocupan a calzada da OU-212 durante varios días.