O abandono e a memoria de Beariz nun traballo fotográfico

Sonia Vázquez desenvolveu o seu proxecto «Lembranza» no pobo do seu pai

.

Ata finais de xuño • Asador & Vinoteca A Veiga (Teo) • O 7 de xullo inaugúrase no Concello de Beariz • Sonia Vázquez (Compostela, 1991) cursou os seus estudos de Fotografía Artística na Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso, de A Coruña. E cando chegou o momento de facer o proxecto de fin de ciclo pousou a súa mirada sobre un escenario que lle era coñecido: Bouza, o pobo do seu pai en Beariz, e a realidade que deixou no municipio a emigración. Entre marzo e maio do 2017 Sonia Vázquez rexistrou coa súa cámara o abandono e a memoria da que dan conta as casas baleiras e os ermos. «Meu pai vai nos veráns ao pobo, e tamén cando pode polo inverno, pero a miña tía e outros membros da familia emigraron a México. A realidade que se amosa na exposición é a que coñezo e levo vivindo dende nena», sinala Sonia Vázquez. Imaxes do proxecto «Lembranza. O paso do tempo transformou fogares onde reinan superficies cubertas de óxido e moho» estiveron expostas en Compostela e agora en Teo. En xullo chegará a Beariz.

 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O abandono e a memoria de Beariz nun traballo fotográfico