Taller en Barbadás para encher as rúas de cores

La Voz OURENSE

BARBADÁS

O taller será na Biblioteca de Barbadás
O taller será na Biblioteca de Barbadás CEDIDA

Os máis pequenos teñen unha cita na Biblioteca Municipal para facer papaventos

08 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

12 de maio • Ás 18.00 horas • Barbadás • Gratuíto • O Concello de Barbadás organiza unha actividade coa que involucrar á veciñanza na preparación dos festexos para o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión trátase dun obradoiro de papaventos que poderán desfrutar os máis pequenos do municipio, xa que vai dirixido a rapaces de entre 5 e 7 anos. Con todas as pezas realizadas decoraranse as rúas nos seguintes días. De esta forma Barbadás encherase de cores e de versos para homenaxear a escritora Xela Arias, a quen se lle adica este 17 de maio.

A actividade será na Biblioteca Municipal o próximo mércores, a partir das 18.00 horas. As prazas estarán limitadas polo covid-19, así que para participar será necesario inscribirse, mandando un correo electrónico a dirección biblioteca@barbadas.es.