Muxicas estrea «O inspector» en Barbadás

La Voz

BARBADÁS

cedida

A montaxe, dirixida por Tito Asorey, está baseada no texto de Gogol

22 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.00 horas • Casa da Cultura Manuel María (Barbadás) • De balde • O grupo de teatro Muxicas, da delegación da Once en Ourense, estrea esta tarde en Barbadás a súa nova montaxe: «O inspector», de Gogol. A obra céntrase nunha localidade gobernada por uns políticos corruptos ata a médula á que chega un inspector do Goberno para realizar unha auditoría sobre as contas públicas e elaborar un estudio sobre a limpeza das prácticas políticas dos seus dirixentes. O novo escenario fai que os gobernantes locais entren nunha situación de pánico, procedendo á destrucción de todas as probas que os podan comprometer. «O inspector» é unha comedia frenética, dirixida por Tito Asorey, onde dez actores -na súa maioría invidentes ou con problemas visuais graves- dan vida no escenario ao clásico de Gogol.

 

Muxicas é un colectivo artístico que leva case que vinte anos facendo posible que persoas da Once podan achegarse con profesionalidade, rigor e compromiso artístico ao mundo da arte dramática. Teñen representado as súas montaxes por todo o Estado e no 2012 foi recoñecido o seu traballo co Premio Max.