A provincia de Ourense ofrece todo tipo de propostas para celebrar as Letras Galegas

La Voz OURENSE

BARBADÁS

Na capital presentouse unha programación que inclúe a "primeira noite en branco"

14 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A celebración do Día das Letras Galegas, que este ano honra a figura e a obra de Xosé Filgueira Valverde, conta con actividades que xa se están a desenvolver por toda a provincia. Noutros casos, como o de Ourense, presentouse onte a programación para conmemorar un ano máis a festa da cultura galega.

ourense

Primeira Noite en Branco. A cidade concentrará as súas propostas na fin de semana e para o venres está prevista a celebración da primeira Noite en Branco polo Día das Letras Galegas. Pola mañá entregraranse os premios do terceiro Certame de Micorrelatos e pola tarde haberá concerto da Banda de Música de Ourense no Liceo (20.00 horas) e varias actividades no claustro de San Francisco. Nese recinto, a partir das 21.30 horas, poderase disfrutar da montaxe Malditos das Letras, con presentación a cargo de Uxío Novoneyra, da proposta escénica Lampíricos, de Antón Lopo (22.00 horas) e os Picaversos, a cargo de Rochi Nóvoa e Celia Parra. O 16 haberá títeres, con Viravolta, e o 17 varias actividades dentro da celebración institucional.

barbadás

Teatro. Para hoxe está programada a montaxe de Sarabela Teatro Conto express. Será a partires das 11.30 horas no colexio O Ruxidoiro. Tamén esta mañá, comeza as 12.30 na Biblioteca Pública de Barbadás, contarase cos Monicreques de Kukas e a súa proposta Xan Perillán e a melena máxica. Mañá, ás 12.30 horas no Filomena Dato, estarán Tanxarina coa súa montaxe Conta con sombras.

allariz

Lectura de textos e banda de gaitas na praza Maior. Allariz celebra o día das letras o domingo, ás 12.30 horas na praza Maior. Alí farase unha lectura de textos en galego e haberá actuacións do grupo de gaitas e da escola de danza.

maceda

Concertos e feira do libro en galego. En Maceda, os actos do día das Letras galegas concéntrase neste sábado e domingo. Na igrexa das Neves de Maceda terá lugar o sábado o décimo certame Letras Galegas, coa actuación da coral polifónica Albricias e da asociación cultural e musical Os do Fuelle desde as 20.00 horas. O domingo, na praza das Toldas, inaugurarase, ás 12.30 horas, a sexta edición da feira do libro en galego e unha mostra de artesanía. Logo haberá actuacións de diversos grupos, da banda de gaitas, pandereteiras e contacontos, a cargo de Fran Guede.

celanova

Romería Raigame transformada en homenaxe. A romaría Raigame, que desde hai quince anos comezou a celebrarse en Vilanova dos Infantes o día das Letras Galegas, non terá este ano carácter festivo. Será unha homenaxe ao párroco falecido, Adolfo Enríquez, a quen se adicará unha rúa no pobo e á tamén desaparecida Virxe do Cristal. Ademáis dunha misa e da lectura de mensaxes, o acto terá unha parte literaria coa lectura de fragmentos da obra que o poeta local Manuel Curros Enríquez adicou á Virxe do Cristal a cargo de escolares do municipio celanovés. Será a partires das 12.15 horas.

parada do sil

Homenaxe a José Luis Campos. A En Parada de Sil, o día das letras estará este ano dedicado a José Luis Campo Rodicio, responsable de Benposta internacional. O acto será o sábado ás 12.00 horas na casa consistorial. Actuará a coral Vellos Amigos, intervirá Antonio Carreño, entregaranse os premios do concurso de microrrelatos, colocarase unha placa na casa do homenaxeado, e pecharase a xornada cun viño da Ribeira Sacra.