Isaura de la Torre, gandeira de Bande: «Os animais dan moito traballo e tamén satisfaccións»

La Voz OURENSE / LA VOZ

BANDE

Isaura de la Torre, ganadera de Recarei, Bande.
Isaura de la Torre, ganadera de Recarei, Bande.

Protagoniza en outubro a campaña «8M, mes a mes» da área de Igualadade da Deputación de Ourense para reivindicar o papel esencial das mulleres no campo

10 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

As mulleres gandeiras de Ourense protagonizan en outubro a campaña «8M, mes a mes», que impulsa a área de Igualdade da Deputación de Ourense. O exemplo de Isaura de la Torre, gandeira de Recarei (Bande) é o elexido para representar as mulleres do sector, que fan un traballo esencial para o «mantemento da actividade económica e da vida no rural». De la Torre, nacida en 1984, dedicou toda a súa vida laboral ao coidado dos animais. Actualmente conta cunha explotación na que hai unhas 130 vacas, vinte ovellas e tres cabalos. O seu amor por este traballo vén dado pola tradición familiar. Xa a súa nai, Mari, era gandeira e Isaura seguiu os seus pasos, sabendo que era unha profesión que esixe unha dedicación continua, todos os días do ano, e que se desempeña fóra dos horarios convencionais. «Os animais dan moito traballo, pero tamén moitas satisfaccións», sostén a protagonista da campaña de igualdade deste mes. Isaura de la Torre defende que coidar os animais é máis que unha profesión, un estilo de vida. Anima as mulleres que queiran seguir na gandeiría a que lle poñan moitas ganas e ilusión.

A deputada de Igualdade, Teresa Barge, explica que esta campaña da Deputación seguirá reivindicando referentes femininos.