Segundo posto para o IES de Bande no certame Tíralle da Lingua

La Voz LA VOZ / OURENSE

BANDE

IES BANDE

Unha alumna do Aquis Querquernis acadou o recoñecemento na categoría de primeiro ciclo de ESO

30 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os alumnos do IES Aquis Querquernis que participaron na última edición do certame de relato oral en galego Tíralle da Lingua tiveron unha grande actuación na final galega desenvolvida o xoves en Santiago de Compostela. Na categoría de primeiro ciclo da ESO concursaron Marta Montes e Sabrina Valado. Esta acadou a segunda posición pola súa interpretación do relato Unha longa viaxe, sobre a fuxida da guerra duns gansos. O centro tamén estivo representado por María Alonso da Silva e Irene Montes.