«Nunha das últimas conciliacións todo eran insultos»

La Voz

BANDE

06 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

María José López leva dezaseis anos como xuíza de Paz en Lobeira, función que xa cumprira seu pai. Fóra desta tarefa María José traballa nun supermercado.

-Como xuíza pouco gaña.

-Isto da moito trabalo sobre todo de rexistro civil, traballo diario, pero logo temos conciliacións, exhortos. Eu noto sobre todo o movemento no rexistro civil. En cartos non é nada porque cobramos uns 200 euros cada certos meses.

-¿Recorda algún acto singular?

-Nunha das últimas conciliacións todo eran insultos. E ti coñeces ás dúas partes e claro, tes que intentar mediar pero nese caso foi imposible porque non paraban de insultarse.

-Actúa vostede coas dúas partes enfrontadas ¿levan avogado?

-Ás veces. No último caso un deles non levou letrado porque estaba confiado en que tiña a razón.

-¿É doado exercer?

-Si pero non está valorado. Temos o apoio do Xulgado de Bande e moito traballo faino a secretaria do Concello.

-E non se lles esixe formación xurídica.

-É que moitas veces non te enteras das cousas.

-Casan tamén á xente.

-Casei a bastantes parellas, unhas sete, no xulgado de Lobeira, onde temos un bo local para estas ocasións.