A Xunta traballa na mellora da casa da cultura Nelson Zumel de Baltar

La Voz

BALTAR

cedida

Nas inmediacións da edificación humanizarase o espazo peonil e delimitaranse as zoas de aparcamento

05 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ata o Concello de Baltar para comprobar o estado das obras da Casa da Cultura Nelson Zumel, na que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste preto de 50.000 euros. Trátase dunha segunda fase de actuación que completa unha primeira iniciativa na que a Xunta investiu 165.419 euros na adecuación e mellora do contorno da Casa do Concello. Despois de manter un encontro institucional con alcalde, José Antonio Feijóo, onde despacharon as principais demandas deste municipio en relación á Administración autonómica, ámbolos dous achegáronse á Casa da Cultura para percorrer as distintas salas do edificio, así como o seu entorno inmediato onde se están desenvolvendo as distintas actuacións de mellora.

As obras supoñen o arranxo e adecuación dunha edificación en planta soto, baixa e unha planta alta para Casa da Cultura. As actuacións nas que se está a traballar consisten na colocación dunha nova cuberta, a montaxe de canles e baixantes de alumino lacado, a renovación do revestimento exterior, o acondicionamento acústico do salón de actos e a instalación de iluminación LED no salón de actos. Nas inmediacións da edificación, tamén se humanizará o espazo peonil, se delimitarán as zoas de aparcamento de vehículos coa colocación dun pavimento de pedra, instalarase unha nova iluminación e soterrarase as liñas aéreas existentes.

O delegado territorial verificou o bo ritmo dos traballos, e explicou que «a Consellería de Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsou o Plan hUrbe, coa finalidade de dar resposta a un obxectivo prioritario como mellorar os equipamentos e dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos, có fin de proporcionar unha oferta de calidade e axeitada ás necesidades da poboación có fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais da nosa comunidade autónoma».

Nesta liña de traballo en colaboración cos concellos, subliñou Gabriel Alén, «trátase de conservar o estado dos inmobles e de incrementar a oferta de infraestruturas e equipamentos óptimos para o desenvolvemento de actividades e eventos de carácter cultural que permitan garantir o acceso á cultura á totalidade da poboación».

Plan Hurbe e nova orde de axudas para 2021

A Xunta puxo en marcha este programa hUrbe no ano 2010 para contribuír á posta en valor das vilas galegas e dos núcleos rurais a través da colaboración coas entidades locais na execución de actuacións orientadas a frear o despoboamento, potenciar infraestruturas, servizos e equipamentos públicos e, en definitiva, mellorar a calidade de vida dos veciños