Avión quere contar cunha aldea modelo 

La Voz

AVIÓN

cedida

O alcalde prantexou a demanda ao conselleiro de Medio Rural

07 feb 2020 . Actualizado a las 13:03 h.

O conselleiro do Medio Rural, José González, e o alcalde de Avión, Antonio Montero, mantiveron unha xuntanza na que o representante do goberno autonómico coñeceu de primeira man as necesidades e demandas do municipio. Entre os asuntos tratados estivo o de valorar a posibilidade de crear unha aldea modelo en Avión e así poñer de exemplo de prevención e de desenvolvemento económico un dos núcleos do concello. Apuntouse o pobo de Cortegazas como posible candidato a este proxecto de recuperación de terras. Na reunión o conselleiro e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois,  explicaron en que consiste esta iniciativa que ten como principal obxectivo defender as persoas e os bens dos incendios forestais mediante diversas actuacións enfocadas á posta en marcha de actividade agrogandeira na franxa dos 50 metros próxima ás vivendas. No caso de Avión a aposta pasaría por orientar eses terreos a diversas producións agrícolas relacionadas coa comarca ourensá do Ribeiro.