Avión, Beariz e nove ?pardillos?

Xosé M. Rodríguez

AVIÓN

23 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

proceso está pechado. Xa non hai capacidade de manobra e os candidatos ou as listas que puideron ter sido e non foron forman parte da historia. E como sempre van quedando realidades que amosan un panorama político ben diferente do que algúns nos queren debuxar. Hai espazos que se manteñen como pouco accesibles aos grandes partidos e estes entran nese xogo que os acaba cuestionando co paso do tempo -e as circunscricións xeográficas polo medio-. Na asamblea do PSOE da comarca do Carballiño un coñecido dirixente do partido emprazou aos seus compañeiros cunha mensaxe significativa: «Se algún de vós coñece a nove ?pardillos? para facer unha candidatura en Beariz que o diga». Non debeu resultar nun primeiro momento, pois na presentación dos candidatos da comarca non aparecía ningún por Beariz, aínda que ao final acabaron por ser os tales.

No municipio lindeiro superaron as previsións, con Xavier Vence como cabeza de lista e Dávila e Joquera na candidatura. O BNG aposta pola papeleta-protesta para criticar a presión do PP e o seu dominio caciquil do territorio. Din dende a formación nacionalista que é unha acción simbólica e que non haberá campaña nin se pedirá o voto en Avión. Como intervención artística está ben pero o suposto práctico é perigoso. Nun hipotético escenario no que os votantes lle disen o seu apoio e o BNG conseguise un concelleiro que faría Vence? Tomaría posesión ou non? Asumiría a responsabilidade ou faría chacota dos cidadáns?

O