María Victoria Carballo-Calero: «Pensei moito no meu pai que tanto traballou con Pedrayo»

La Voz

AMOEIRO

Agostiño Iglesias

A catedrática recibiu este domingo o premio Trasalba

28 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

María Victoria Carballo-Calero (Ferrol, 1942), filla do filólogo e intelectual Ricardo Carvalho Calero, recibu este domingo en Amoeiro o premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo. O mesmo día de 1996, hai 25 anos, soubo que entraría a formar parte do padroado. Unha casualidade que quixo remarcar. Numerosas persoas acudiron a un acto no que, ademais, se presentou a primeira parte de Lembranzas do meu vivir, editado por Galaxia, no que Patricia Arias Chachero e Teresa García-Sabell Tormo dan forma a uns manuscritos de Otero Pedrayo que gardou Domingo García Sabell e no que o autor ourensá conta como foi a súa nenez e adolescencia. Nesa etapa da súa vida, lembrou Teresa García-Sabell, Otero Pedrayo descubriu as súas tres vocacións: a xeografía, a ensinanza e a política: «A través da súa infancia e adolescencia podemos entender ao adulto Otero Pedrayo». María Victoria Carballo- Calero, catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Vigo e académica da Real Academia de Belas Artes de Galicia, entre outros cargos, recibiu emocionada o premio, sobre todo pola cantidade de amigos, dixo, que se reuniron para acompañala: «Pensei moito no me pai que tanto traballou con Pedrayo». O seu traballo por difundir a obra do autor ourensán, ademais das súas investigacións e traballo nas aulas para difundir a arte e a literatura, foi o que levou ó xurado a concederlle este galardón. «Desexo que o clamor deste acto chegue ata o gran Otero Pedrayo», dixo.