O entroido de Parada de Amoeiro, o único itinerante de Galicia

Salirá o domigo ás 9.30 horas e pasará por Os Casares A Bergueira, Outeiro de Trasalba, Fontefría, Abruciños, As Quintás, Loureiro e Amoeiro


Ourense

O Entroido de Parada de Amoeiro é o único entroido itinerante da provincia. As comparsas saen en comitiva o domingo ás 9.30 horas dende o cruce de Parada de Amoeiro, para dirixirse posteriormente a Os Casares, A Bergueira, Outeiro de Trasalba, Fontefría, Abruciños, As Quintás, Loureiro e Amoeiro. Nesta última localidade, que é a capitalidade municipal, terá lugar o desfile ás 16.30 horas. A continuación, a caravana de carrozas, comparsas e disfraces seguirá camiño cara Fontes, rematando o circuíto no campo da festa de Parada de Amoeiro. A orquestra Kien Lo Diría animará a xornada ao remate desta. O luns 4 de marzo, arredor das 10.00 horas, inicia de novo a súa andaina guiada pola música da charanga dende a Igrexa de Parada de Amoeiro, desprazándose ata Os Garabatos, para logo facer a súa entrada no concello de Cea no que transitará por Mandrás, Souto. Louredo e San Cristovo de Cea. Alí ten prevista a súa entrada arredor das 15.00 horas e un xantar do que se desfrutará ata as 16.30 horas. O entroido dirixirase ao concello de Maside, a cuxa capitalidade chegará ás 18.00 horas. Xa de volta a Parada, o campo da festa do lugar animarase pola noite con dúas orquestras de excepción: París de Noia e Los d´Aché!

O martes 5 de marzo, o campo da festa de Parada de Amoeiro será testemuña dun Xantar Popular que se celebrará a partires das 14.00 horas, e a caravana do entroido fará o seu último percorrido, esta vez polas rúas da parroquia de Parada, a partires das 16.30 horas. Chegada a noite dese día terá lugar a ansiada entrega de agasallos ás carrozas, premiando o mérito de todas elas. A guinda dese día porá a actuación do Grupo M3!

O mércores 6 de marzo chegará ao seu fin o entroido desta anualidade co enterro da sardiña e a queima do merco no campo da festa de Parada de Amoeiro, onde se disporá dunha carpa climatizada para estar a cuberto do mal tempo, se é que o houbera. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O entroido de Parada de Amoeiro, o único itinerante de Galicia