Amoeiro promoverá o autocosumo eléctrico en edificios públicos

La Voz

AMOEIRO

Santi M. Amil

O Concello instalou máis de 1.350 novos puntos de luz led no municipio

01 feb 2019 . Actualizado a las 08:20 h.

O Concello de Amoeiro seguirá promovendo proxectos de eficiencia enerxética «para elevar a calidade de vida da cidadanía» e dende a institución municipal estase a estudar a posibilidade de incentivar o autoconsumo nos edificios públicos a partires de instalacións fotovoltaicas. Esa actuación serviría para dar cobertura ao subministro eléctrico no Centro de Saúde, a Casa Consistorial, o Edificio Bioclimático Multiusos (Tanatorio e Aula da Natureza), o Pazo de Deportes e o CEIP Otero Pedrayo (vía acordo coa Consellería de Educación), segundo sinalou o alcalde, Rafael Rodríguez Villarino. O rexedor municipal de Amoeiro asinou na sede do IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía) en Madrid, con seu director Joan Herrera Torres, o crédito de 407.827 euros que permitiu instalar máis de 1.350 novos puntos de luz LED en Amoeiro. Nas xuntanzas mantidas por Rodríguez Villarino en Madrid con diferentes responsables de seccións do IDAE tamén se falou do retraso que están sufrindo os proxectos para a substitución das depuradoras de Freixo e A Bergueira por outras máis eficientes.