A Portugal desprazáronse dende a Unidade Pastoral de Cee e a Allariz chegaron medio cento de persoas dende Fornelos, Baio
03 jun 2026 . Actualizado a las 15:12 h.Fieis da Unidade Pastoral de Cee —A Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee, Corcubión, A Redonda e Toba— desprazáronse o sábado ao santuario de Fátima, en Portugal. Na viaxe de volta, xa o domingo, fixeron parada na Casa do Inmaculado Corazón de María de Pontevedra, para gañar o xubileo.
Por outra banda, medio cento de veciños, comandados pola asociación A Fonte de Fornelos (Baio), veñen de participar nunha viaxe cultural a Allariz. A proposta esgotou prazas moi rápido. Tamén tivo boa acollida a participación nun dos programas «Land Rober», con 52 veciños desprazados ata Touro.