
A exposición itinerante chegou ata a Alameda alaricana
08 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Ata o 13 de xuño • Alameda de Allariz • A Alameda de Allariz acolle dende esta semana a exposición titulada «A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía» na que se repasa a historia deste museo. A mostra fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Padroado Rosalía, creado no ano 1947, converteuse en refuxio do galeguismo, con actos como a Misa de Rosalía en Bonaval. O Concello de Allariz é mecenas da Casa de Rosalía desde o ano 2022. Trátase dunha exposición itinerante, que xa pasou por outros concellos ourensáns como Ribadavia, O Carballiño, Viana ou Xinzo, e que chega agora á vila alaricana. Está comisariada por Pepe Barro.