As actuacións renovaron a carpintería e a cuberta para mellorar a eficiencia enerxética
22 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Allariz completou as melloras no edificio da Antiga Radio, situado na rúa de Santo Estevo. As actuacións principais consistiron na renovación da carpintería exterior da planta superior e a cuberta do inmoble, co fin de mellorar a súa eficiencia enerxética e reducir o impacto paisaxístico. As obras contaron cunha axuda de 20.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio.
As antigas ventás de aluminio e ferro foron substituídas por novas ventás de madeira, contribuíndo a unha mellor integración co entorno histórico e ofrecendo melloras significativas en termos de eficiencia enerxética. A reforma incluíu tamén a renovación da cuberta, na que se instalou tella cerámica mixta.
Por outra parte, o Concello acometeu por conta propia a eliminación de varios tabiques interiores, co obxectivo de mellorar a distribución dos espazos e facilitar o uso do edificio pola Banda Unión Musical de Allariz, unha das principais usuarias do inmoble, xunto coa Asociación de Mulleres Silvardeiras e as escolas de música municipais.
O edificio está situado unha área de gran valor histórico e o goberno local tivo o obxectivo de conservar este inmoble municipal nas mellores condicións. Ademáis, as deficiendias visuais e estruturais alteraban a harmonía co entorno. A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Cultura, Alberto Conde, visitaron o resultado das intervencións.