O Festival de Xardíns de Allariz acollerá o Poemagosto o día 2 de outubro

La Voz OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

15 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A vila de Allariz acollerá dentro de algo máis de dúas semanas unha nova edición dun dos certames literarios máis singulares dos que se celebran en Galicia. O Poemagosto chega á súa oitava edición e celebrarase nun escenario do máis acaído para á convocatoria: o Festival de xardíns de Allariz, cuxa temática este ano é a poesía.

O certame literario desenvolverase o día 2 de outubro e nesta edición está confirmada a presenza dos escritores galegos Manuel Rivas, Lorena Conde, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes. A eles sumaranse Samuel F. Pimenta (Portugal), Itisha Giri (Nepal, India) e Zhra el Hasnaousi (Sáhara Occidental). Desta volta, é debido ás condicións sanitarias, o Poemagosto celebrarase nunha xornada. Antes da pandemia a cita desenvolvíase nunha fin de semana.

Música e recitais

As actividades comezarán ás 12.00 horas do 2 de outubro. Será daquela cando no Festival de Xardíns se realizará un acto poético e musical no que participarán os escritores que este ano estarán no Poemagosto e ademais haberá a actuación musical de Xoán Curiel.