Allariz fomenta o uso do galego entre clientes e comerciantes

La Voz OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

Feria en Allariz
Feria en Allariz CEDIDA

Ponse en marcha a campaña «Eu merco en Allariz, eu merco en galego»

06 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha campaña do Concello de Allariz, a través da área de Promoción Económica, Comercio e Turismo, busca fomentar o uso do galego no sector comercial. Co lema «Eu merco en Allariz, eu merco en galego», a iniciativa trata de conseguir que os comerciantes atendan preferentemente aos seus clientes e provedores en galego e que utilicen a lingua vernácula para rótulos, carteis e publicidade no exterior dos negocios.

Ao mesmo tempo, a acción pretende estimular que a clientela utilice o galego como lingua de comunicación nas relacións comerciais, tanto para que os galegofalantes a manteñan como para que os que non a usan habitualmente se animen a empregala. A campaña trata de reforzar os valores positivos de usar o galego.

O estímulo será tamén económico, pois quen compre en Allariz entre el 14 y el 18 de maio nos comercios adheridos optarán a dous premios de cen euros para gastar en la localidade, e a dous lotes de libros de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.