A poesía como resistencia contra covid-19

La Voz

ALLARIZ

Agostiño Iglesias

O Poemagosto enche de literatura e música a vila de Allariz durante toda a xornada

10 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 12.00, 18.00 e 20.30 horas • Recinto do Festival Internacional de Xardíns (en caso de choiva será no patio do Museo do Coiro) • De balde (entrada solidaria: 5 euros) • A poesía non lle ten medo ao coronavirus e como lembran dende a organización do Poemagosto de Allariz «a cultura é segura». O Festival Internacional de Poesía celebra a súa sétima edición e faino nunha xornada única, con tres citas ao longo do día. Oito son os creadores que participan no Poemagosto 2020: Antón Reixa, Andrea Nunes Brións, Moncho Iglesias Míguez, Charo Lopes, Baldo Ramos, Sofía Castañón, Raquel Lima e Abdul Hadi Sadoun.

 

As actividades comezarán ás 12.00 horas, cun acto poético-musical que inclúe a lectura de poesía por parte dos oito participantes e a actuación do grupo Son Trío.

A segunda entrega será ás 18.00 horas, con nova lectura poética e a actuación do grupo Terra Morena. O concerto de Xosé Luís Rivas -Mini- e Trilitrate (20.30 horas) pechará o Poemagosto 2020.

É inescusable e obrigatorio o uso de máscara durante a celebración dos actos, permañecer nos lugares asignados e non estará permitido fumar no recinto das actividades. Para participar é obrigatorio cubrir o formulario existente na páxina do Poemagosto ou remitindo un correo a poemagosto@gmail.com. Existe a posibilidade de reservar unha entrada solidaria: son 5 euros e inclúe unha camiseta do festival.