Allariz renova o programa de atención a adolescentes en proceso de inclusión social

O convenio coa asociación Aseia será ata 2022


O Concello de Allariz, a través da Concellería de Benestar Social, e ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e a Adolescencia), veñen de renovar ata o 31 de decembro de 2022 o convenio de colaboración para dar continuidade ó programa Alento para atención de adolescentes en proceso de inclusión social. Está dirixido a adolescentes que se atopan en dificultades e necesitan dun contexto no que recibir apoio e intervención profesional por parte de especialistas en adolescencia dos eidos da psicoloxía a educación social e o traballo social.

Dende Alento proponse unha intervención multidisciplinar que entende que no proceso de inclusión social dos adolescentes débese atender non só a aspectos educativos e laborais e de orientación académica, senón tamén a outros psicolóxicos e sociais. Para levar a cabo este traballo establécese un itinerario personalizado no que se favorece un proxecto de transición entre a adolescencia e a vida adulta, dotando aos/ás adolescentes, de recursos para xestionar a súa vida, a través dunha intervención especializada que ten en conta as súas necesidades reais como suxeitos dunha biografía problematizada, e como cidadáns/ás con aspiracións e dereito a un proceso de inclusión normalizador. 

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Ourense

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Allariz renova o programa de atención a adolescentes en proceso de inclusión social